19

Feb

Visita guiada á exposición “Nós de onte a hoxe”

19.30 h

Nós de onte a hoxeO mércores 19 de febreiro, ás 19.30 h, realizaremos unha visita guiada á exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, por Pilar García Negro.

Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia é unha exposición realizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, da que ACAB fai parte.

Conmemoramos así o centenario dunha iniciativa singular e decisiva na historia contemporánea da Galiza: o nacemento da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 de Outubro de 1920.

A exposición leva como lema: SER DIFERENTE É SER EXISTENTE, extraído do uso que del fai Vicente Risco en Nós, os inadaptados, e realiza un percurso pola significación e a obra dos seus principais persoeiros: VICENTE RISCO, director literario; CASTELAO, director artístico; RAMÓN OTERO PEDRAIO, ÁNXEL CASAL… e, con eles, a proxección que significou para artistas e escritores novos, así como a conexión co Seminario de Estudos Galegos (1923), outra iniciativa capital que marca o inicio dunha ciencia multidisciplinar en galego e sobre a Galiza.

Se queres participar, só tes que enviarnos os teus datos a través deste formulario.

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies