05

Set

Visita guiada á exposición “O puño e a letra”

18.30 h

Yolanda Castaño: O puño e a letraO xoves 5 de setembro, ás 18.30, organizamos unha visita guiada por Yolanda Castaño á exposición O puño e a letra, no Kiosko Alfonso. O puño e a letra é o primeiro libro en galego que se adentra no xénero do Cómic Poético. Corenta poemas son interpretados en viñetas por 40 dos nomes máis destacados do panorama galego da banda deseñada. 40 textos de Yolanda Castaño trasladados ao cómic en historietas dunha soa páxina por nomes tan coñecidos como Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú (Dea Gómez & Diego Omil), Yupiyeyo / María Álvarez Hortas, David Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba, Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio ou Fernando Iglesias «Kohell».

Se queres participar, envíanos este formulario cos teus datos:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies