23

Xan

Visita guiada á exposición “Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia”

Gaitero gallego - SorollaO martes 23 de xaneiro, faremos tres visitas guiadas á exposición Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia, no Museo de Belas Artes.

O Museo de Belas Artes da Coruña, en colaboración coa Fundación Museo Sorolla, presenta esta exposición que reflicte a estadía do artista en Galiza, e complétase con obras dos artistas galegos cos que mantivo unha relación máis estreita como foron Francisco Lloréns, Fernando Álvarez de Sotomayor, María Corredoira ou Jenaro Carrero.

Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia pretende poñer en contexto as estadías que o pintor realizou en terras galegas, e como estas axudaron a agrandar a súa produción artística. Así, esta mostra é unha oportunidade para poñer en valor a obra do pintor valenciano, pero tamén para relacionala coa de varios artistas galegos de principios do século XX.

Como foron as viaxes de Sorolla a Galiza e que quedou de Galiza en Sorolla son as preguntas que buscarán responderse nesta exposición que conta con máis de setenta obras entre óleos, debuxos, notas de cor e obxectos etnográficos que foron seleccionadas entre ambas institucións.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies