O martes 13 de xullo, ás 19 h, realizaremos unha visita guiada á exposición de Soledad Penalta no Quiosco Afonso.
A mostra de Soledad Penalta Materiais e relatos, cun total de 31 obras, abrangue desde os anos oitenta até finais da segunda década do século XXI.
Soledad Penalta, académica de número de la Real Academia Galega de Belas Artes, premio da Cultura Galega e da Crítica de Galicia, é unha escultora que traballa con fundición de bronce, fundición de ferro, ferro en planchas soldadas realizando escultura de grande formato para exterior.
Esta mostra, Materiais e relatos, foi comisariada por Rosario Sarmiento, experta nas artes plásticas e visuais cunha ampla traxectoria profesional na programación e xestión de proxectos culturais. Ela será a guía nesta visita.