16

Dec

Visita guiada ao barroco coruñés

17.30 h

Praza das BárbarasO sábado 16 de decembro, ás 17.30 h, faremos unha visita guiada ao barroco coruñés con Patricia Angulo, Carmela Galego e Roberto Castro.

Os séculos do barroco chegan con aires de renovación que despexan o velo da modernidade nunha cidade ávida de ordenación urbana. Na Coruña van convivir a estética marcada polo barroco compostelán nos edificios relixiosos e un clasicismo de corte depurado nos novos edificios da coroa. Coroa, que especialmente a mediados do século XVIII vai prestar especial atención a este recuncho do Atlántico. Neste paseo polo barroco coruñés partiremos do seu principal foco: o cais da cidade do Ártabro para mergullarnos nas rúas da Cidade Alta e a Pescaría.

A duración estimada da visita é de duas horas. Sairemos desde o Balcón do Parrote para ver os edificios máis singulares no barroco coruñés. 

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies