06

Mar

Visita guiada á exposición “Maruxa Seoane”

18.30 h

Maruxa SeoaneO mércores 6 de marzo ás 18.30 h realizaremos unha visita guiada á exposición Maruxa Seoane: achegamento a María Elvira Fernández López, un proxecto expositivo da Fundación Luis Seoane que afonda na figura de María Elvira Fernández López (A Coruña, 24 de xaneiro de 1912 – 25 de marzo de 2003), Maruxa, compañeira inseparable de Luis Seoane e persoa chave na súa traxectoria. A visita será guiada polo artista e profesor de arte Juan de la Colina, comisario da exposición.

A mostra nace do desexo de destacar e renderlle homenaxe á personalidade de Maruxa Seoane e, ao mesmo tempo, recoñecer e visibilizar o seu labor, reducido con frecuencia ao papel de ‘muller de artista’.

Se queres participar, envíanos este formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies