27

Xan

Presentación de “Vivas e libres”, de Carme Adán

19.30 h

Vivas e libresA colección de cadernos Ideas Impresas editada pola Fundación Galiza Sempre achega un novo número que leva por título Vivas e Libres. Lexislación e violencia machista: Contribucións do nacionalismo galego.

A través deste novo caderno de formación e análise, a autora, a catedrática en filosofía e pensadora feminista, Carme Adán fai un pequeno percorrido polas contribucións do nacionalismo galego ás políticas públicas feministas de Galiza. Ao longo da obra pon o foco en todo aquilo que atinxe á violencia machista dende unha dimensión lexislativa.

O vindeiro xoves 27 de xaneiro ás 19:30 terá lugar a presentación na A.C Alexandre Bóveda. A autora estará acompañada pola profesora e investigadora, Pilar García Negro e Mercedes Queixas, deputada do BNG no Parlamento Galego.

*As asistentes poderán levar de agasallo un exemplar do caderno.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies