09

Xuñ

Vivir en feminino, unha aventura de longa distancia

19.00 h

Maite RojoO venres 9 de xuño, ás 19 horas, teremos connosco a Maite Rojo, quen nos falará de Vivir en feminino unha aventura de longa distancia.

“Gustaríame motivar a calquera persoa, sexa home ou muller, a seguir os seus soños. Ás mulleres que lles gusten os traballos tradicionalmente dedicados aos homes, que non se rendan aínda que lles digan moitas veces que non poden. Gústame moito o mundo da vela en solitario e as carreiras longas, porque xa non hai tanta distinción entre sexos. O meu ideal sería que falásemos de persoas e do talento que teñen cada unha para o seu. E por último, viaxar e máis viaxar, abrir a mente”.

Maite Rojo (A Coruña, 1973) naceu na Coruña, con familia da Costa da Morte (Malpica de Bergantiños). Empezou facendo deporte aos 13 anos, competindo en atletismo de pista. A súa paixón polo deporte levouna a facer os estudos de técnico superior en deporte, masaxe e outros moitos cursos. Podería ser que non lle gustara o mar mais con cidade de costa, vila de costa e familia mariñeira era pouco probábel. Foi monitora de vela e windsurf durante 10 anos en Galiza mais a situación precaria e a curiosidade por comezar a visitar novos sitios levouna a Mallorca, onde descubriu que había outro tipo de barcos de luxo e oportunidades de emprego e de vida. Comezou de mariñeira ata chegar a capitana os últimos 10 anos da súa vida que, curiosamente, son os mesmos que leva no mundo da competición, outra vez coma ultra fondista. Isto levouna a dar media volta ao mundo navegando e moitos quilómetros por terra adestrando para competir. No pasado ano converteuse na primeira galega que completou o Espartatlón grego: 247,5 quilómetros entre Atenas e Esparta en 32 horas e 26 minutos, situándose no top 10 de mulleres.

Se queres participar, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies