Ciclo O marxismo no século XXI
Vixencia do pensamento marxista
Publicación da Fundación Moncho Reboiras.
Martes 27 de novembro ás 19:30 h
Co gallo do 200º aniversario de Karl Marx, dende a Fundación Moncho Reboiras queren con esta publicación, sobre Marx e o marxismo, render homenaxe ao autor d’O Capital porque o seu pensamento representa un antes e un despois na loita contra a explotación e opresión.
As teorizacións de Karl Marx contribuíron a forxar o maior proceso revolucionario, a Revolución Rusa, porén ademais son básicas para entendermos o contexto actual.
Por iso nesta publicación fálase, entre outras moitas cousas, do vencello entre o autor da obra teórica d’O Capital e a práctica política, por exemplo redactando o Manifesto do Partido Comunista para o 2º Congreso da Liga dos Comunistas.
A publicación conta cun limiar de Manuel Mera, Director da Fundación Moncho Reboiras. Un primeiro texto de Claudio Katz, A relevancia contemporánea de Marx, o cal analiza a vixencia das análises marxistas e dos métodos empregados en relación co momento actual. Claudio Katz é economista e un dos referentes máis destacados da teoría marxista da dependencia en América Latina. Por último, a publicación conta cun segundo texto de V.I. Lenin escrito en 1914, baixo o titulo Karl Marx, breve esbozo biográfico, cunha exposición do marxismo.
O acto será presentado por Dores Martínez Castelo, secretaria nacional da FGAMT, e contará coas intervencións de Suso Seixo, Presidente da Fundación Moncho Reboiras, e Xosé Manuel Carril, profesor da UDC.
Para máis información na web da Fundación Moncho Reboiras.