12

Xuñ

Volver á tradición en tempos de perigo: o republicanismo de Castelao e o presente

19.30 h

David RodríguezO luns 12 de xuño ás 19.30 horas, David Rodríguez ofrece unha palestra, dentro do ciclo Pensando o futuro, titulada Volver á tradición en tempos de perigo: o republicanismo de Castelao e o presente.

Apoiándose nas Teses sobre a filosofía da historia de Walter Benjamin, David Rodríguez trata de explicar por que o xeito de entender o republicanismo de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao resulta de grande utilidade para analizar o funcionamento do poder no Estado español, para imaxinar camiños novos para unha democracia en crise e para incorporar unha necesaria revisión da idea de progreso propia do desenvolvemento do capitalismo durante a modernidade.

David Rodríguez (Vigo, 1975) é deseñador gráfico de profesión e activista político vocacional. Desde o ano 2010 publica numerosos ensaios. En 2018 publica O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega (Xerais). Colabora con artigos de opinión en numerosos medios, como «Nós Diario», «Praza Pública», «Tempos Novos», «Luzes», «Novas da Galiza», «Sin Permiso», «Viento Sur» ou «Diagonal».

Se queres asistir envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies