26

Feb

Presentación de “Xa vemos palmeiras”

19.30 h

Xa vemos palmeirasO luns, 26 de febreiro, ás 19.30 h, presentamos o último libro de Ana Cabaleiro, Xa vemos palmeiras.

Tras gañar o I Premio Exeria de creación literaria, convocado polo Concello de Santiago e a Residencia Literaria 1863, en colaboración co Consulado General de España en Xerusalén Ana Cabaleiro presenta esta novela, editada por Xerais, que fala dunha rapaza de aldea que de pequena soñaba con explorar o continente africano e que de adulta se debate entre a vulgaridade do turismo e o feitizo da literatura e do mito.

Ana Cabaleiro é xornalista. Como autora estreouse co libro de relatos Sapos e Sereas (2017). Coa novela As Ramonas (2018) gañou o premio García Barros e foi finalista do San Clemente. Con Deixádenos remar (2021) foi finalista do XXXVII Premio Xerais de Novela.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies