26

Xuñ

Xabier P. Docampo canda nós

19.00 h

Xabier P. DocampoO luns 26 de xuño, ás 19 h xuntarémonos no noso local para falar de Xabier P. Docampo canda nós, con María Canosa, Chus Fernández, Xavier Penín e Martin Pawley.

Unidas polas palabras, agunhas das amizades de Xabier Puente DoCampo lembrarán as súas creacións e poñerán de relevo a rica personalidade dun home de pensamento libre, amante dos libros e defensor dunha lingua que, se desaparecese, nunca máis seriamos quen somos.   

Este é un acto de homenaxe a un dos grandes da literatura galega que nos deixou hai cinco anos, Xabier P. DoCampo, nado en Rábade o 5 de abril de 1946 e finado na Coruña o 26 de xuño de 2018.

Se tes interese en asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies