A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organizan unha homenaxe ao escritor Xabier P DoCampo, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e unha das voces máis singulares e galardonadas, para o mércores día 29 de maio.
Ás 18 h, colocación dunha placa na casa onde viviu (praza González Dopeso nº 1 A Coruña)
Ás 20:30 h, no TEATRO ROSALÍA DE CASTRO:
Presenta Yolanda Castaño.
Ensino: Alfonso García Sanmartín, Xavier Senín e Fina Casalderrey.
Activismo: Suso de Toro, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Bragado.
Literatura: Paco Martín, Mª Xesús Fernández, Xosé Cobas e María Canosa.
O relato oral: Paula Carballeira.
E a música na voz de Miro Casabella.
Lectura da súa obra por parte de Daniel Laxe e Uxía López.
Pantalla completa