15

Dec

Presentación do documental “Xela Arias, poeta nas marxes”

19.00 h

Xela Arias poeta nas marxesO mércores 15 de decembro, ás 19 horas, proxectaremos no noso local o documental de Beatriz Pereira Xela Arias, poeta nas marxes.

Trátase dun documental arredor da figura de Xela Arias, poeta e tradutora galega. A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, percorre a vida e obra dunha francotiradora das letras.

Este proxecto xorde, no ano 2019, da constatación da ausencia de materiais fílmicos que reflictan unha visión total sobre Xela Arias, que se crea mediante a relación contrapuntística do academicismo e o humano e persoal. Xa que logo, esta obra deterase en todas as arestas que fixeron dela unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies