23

Mai

Visita guiada á exposición “Xesús! 70 anos de Campos”

19.00 h

70 anos de CamposO martes da vindeira semana, día 23 de maio, ás 19 h, realizaremos unha visita guiada a Xesús! 70 anos de Campos, exposición sobre o humorista gráfico galego Chichi Campos na Fundación Luís Seoane.

Esta exposición da Fundación Luís Seoane é a primeira retrospectiva sobre a obra do humorista gráfico Xesús Campos Álvarez, Chichi Campos. Reúne máis de 300 pezas deste prolífico artista que retratou como ninguén un lugar e un tempo, a Galiza dos anos setenta e oitenta, de maneira intelixente e irreverente. Campos foi testemuña dunha época na que todo semellaba posible e do rápido desengano posterior, uns acontecementos políticos, históricos e sociais que foi plasmando nuns debuxos que deixaban ver a súa enorme cultura, o seu sentido do humor, a súa ironía e unha lucidez que anunciaba con bastante precisión o mundo no que vivimos hoxe.

A exposición será guiada por Tonecho Otero, xestor e mediador cultural.

Como as prazas son limitadas, se queres asistir, solicítanolo a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies