20

Mai

Xesús de Nazaret na historia do cine

19.30 h

Xesús de Nazaret na historia do cineO luns 20 de maio, ás 19.30 h, Victorino Pérez Prieto falaranos de Xesús de Nazaret na historia do cine.

Xesús de Nazaret está presente no cinema desde os seus primeiros momentos até hoxe. A industria do cine ten realizado películas comerciais relixiosas, superproducións espectaculares que utilizan a relixión como escusa para trasladarnos a ambientes exóticos e contarnos orixinais aventuras. Pero tamén se teñen feito bastantes boas películas sobre o persoeiro mais universal da historia humana.

“O gran pecado do cine respecto a Xesús foi quedarse en película de romanos… Foi un italiano e comunista, Pasolini, quen abrira unha porta a un cine pobre, sobrio e quizais por iso máis rico evanxélica e cinematográficamente” (Pedro M. Lamet).

Tense feito un bo cinema de inspiración relixiosa que ten dado obras de grandísima calidade; algunhas están no cumio da historia do cinema. Porque un cinema que queira ser cine relixioso, o primeiro que ten que ser é… bo cine.

A carismática imaxe de Xesús, a época na que viviu e mesmo o exótico escenario xeográfico, fan del un personaxe perfecto para o cinema. Chegou a estar presente en máis de 100 películas. Mais a imaxe que o cinema foi transmitindo de Xesús cambiou moito ao longo do tempo, especialmente nos últimos anos. Disto é do que se falará nesta charla.

Victorino Pérez Prieto é doutor en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi docente das universidades da Coruña, Santiago de Compostela, San Buenaventura (Bogotá) e Centro Universitario La Salle (Madrid). A súa obra teolóxica e intelectual centrouse na relación entre galeguismo e cristianismo como compromiso cristiano con Galiza, a interculturalidade e a interrelixiosidade (particularmente na relación entre Occidente e Oriente) e a relación entre ecoloxismo e cristianismo.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies