12

Mar

Homenaxe a Xosé Humberto Baena “Pite”

20.00 h

 

“Teño esperanza de que Pite fique na historia como un asasinado e non como un asasino” (Flor Baena, irmá de Xosé)

Xosé Humberto Baena “Peter”O 27 de setembro de 1975 leváronse a cabo os últimos fusilamentos da ditadura. Tres militantes do FRAP, Xosé Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz, e dous da ETA, Ángel Otaegui e Juan Paredes Manot, “Txiki”, foron executados após un proceso xudicial ateigado de irregularidades.

Xosé Humberto Baena, militante antifascista, tiña tan só 24 anos cando o franquismo xa nos seus estertores o condenou a morte acusado de matar a un policía mais o xuízo foi unha farsa onde non se tiveron en contas as testemuñas presenciais que podían declarar que Xosé non era a persoa que matara ao policía. Case 45 anos despois a súa familia segue reclamando Verdade, xustiza e reparación.

O xoves 12 de marzo, ás 20 horas, estará con nós o historiador Eliseo Fernández e teremos tamén unha gravación realizada pola irmá de Xosé, Flor. Contaremos na parte musical con Bea a da Estrella.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies