10

Xuñ

Xosé Seivane. A gaita con maiúscula, de Xosé Manuel Sánchez Rei

19.30 h

Xosé Seivane. A gaita con maiúsculaO xoves, 10 de xuño, ás 19.30 horas, presentaremos no noso local o libro Xosé Seivane. A gaita con maiúscula, de Xosé Manuel Sánchez Rei.

Xosé Seivane, nado en 1921 na Fomiñá (A Pastoriza, Lugo) e falecido en 2012 en Cambre (A Coruña), pasa por ser un dos mellores artesáns de gaita do mundo. O libro Xosé Seivane. A gaita con maiúscula, da autoría de Xosé Manuel Sánchez Rei e dado a lume pola Editorial Canela en finais de 2019, ofrece un documentado e contextualizado percurso pola vida do ilustre artesán e pola súa filosofia arredor do instrumento nacional da Galiza.

No acto intervirán, ademais do autor, Álvaro Seivane Magide, Xosé Manuel Seivane Magide e Pablo Quintana López.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies