30

Mai

Xulio Sigüenza: un poeta entre a patria e a paisaxe

19.30 h

Xulio SigüenzaO xoves 30 de maio, ás 19.30 h, Romina Pereiro ofrecénos unha palestra co título Xulio Sigüenza: un poeta entre a patria e a paisaxe.

Nesta palestra Romina Pereira Trillo recuperará a figura  de Xulio Sigüenza (A Coruña, 1898 – Vigo, 1965), xornalista, poeta, novelista, ensaísta e membro da Real Academia Galega, e da súa produción escrita en galego, normalmente ignorada ou esquecida pola crítica e polo público. Serán analizados os poemas publicados polo autor herculino durante o período de 1918 a 1928 –en que dá os seus primeiros pasos como escritor en lingua galega e sae do prelo a primeira edición de Cantigas e verbas ao ar– a partir da exploración dos seus dous grandes repertorios: o patriótico e o paisaxístico. Tratarase a concepción do autor sobre Galiza, a orientación estética que defende para a poesía galega e a variedade formal das imaxes hilozoístas que Sigüenza crea no seu poemario galego.

Romina Pereira Trillo é graduada en Galego: Estudos Lingüísticos e Literarios, e en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios pola Universidade da Coruña; matriculouse nestes graos pola crecente paixón que sentía pola cultura galega e coa intención de ser profesora de secundaria. Por iso, agora está a cursar o Mestrado en Profesorado de Secundaria, tamén pola UDC.

Esta actividade fai parte do ciclo Aula aberta, organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co grupo de investigación ILLA da Universidade da Coruña.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies