Con motivo de celebrarse o XX Aniversario da creación do Grupo de Teatro da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB Teatro), pensamos que o máis sensato e atinado sería acudir aos nosos clásicos para conmemorar estes vinte anos de escenarios e paixón.
Quixemos que o noso Aniversario dese pé a pensar que moitos dos motivos que levaron aos galegos e galegas ao exilio e á emigración aínda habitan no noso mundo de hoxe. Castelao, Dieste e Seoane foron os escolleitos para representar a tantos autores de teatro que viviron a tristeza da ausencia da súa terra nas súas vidas.
Mais, o seu talento está hoxe, aquí, con nós, nese espectáculo de ACAB Teatro. Será o martes 20 de marzo, ás 20.30 horas, no Centro Ágora, no Lugar da Gramela, 17, da Coruña. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala. Rógase puntualidade!
Dirección: Lino Braxe
ELENCO
Isabel Vidal: Locutora/Redeira
Cristina García: Cristina García
Ana Rodríguez Seoane: Migueliño/Rezadora
Malena Tenreiro Alonso: Narradora/ Sra. S.M
Josafat José: Cronista/Emigrante
Moncho Iglesias: Locutor/ Emigrante
Pepe Rodríguez: Sr. Delegado/Indiano
Javier González: J.C./Barbeiro
Suso Míguez de Ardexurxo: J.F./ Emigrante
Lino Braxe: Matías Prats
Begoña Lomba: Sra. C.M.
Serxio Míguez: Sr. SM
Tinacho Pena: O emigrante que volve
Dirección: Lino Braxe