22

Nov

XXII Memorial Ibán Toxeiro

20.30 h

XXII Memorial Ibán ToxeiroEste ano, o XXII Memorial Ibán Toxeiro dedícase ás mulleres que constrúen o Teatro Nacional día a día, unha homenaxe ás directoras e dramaturgas galegas do noso tempo. E por iso, este ano o premio Ibán Toxeiro será entregado a Begoña Llamosas, programadora teatral.

Este Ibán Toxeiro é o agarimo da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ao servizo da escena do noso país. Gozade desta aposta. Vinde a un espectáculo contemporáneo e eterno. Catro propostas novas e anovadoras para amosar o teatro de hoxe en día:

  • Nas Nubes, escrita e dirixida por Bego Lomba.
  • Músculo de Sal, escrita por Imma Antonio e dirixida por Manuela Varela.
  • Conversas, escrita por Rebeca Montero e dirixida por Amalia Gómez.
  • Calíope, escrita por Lucía Iglesias e dirixida por Lino Braxe.

Presentan Sabela Hermida e dirixe Lino Braxe. Coa colaboración especial de Bucanero Teatro.

Entrada de balde.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies