20

Nov

XXIII Memorial Ibán Toxeiro

20.30 h

XXIII Memorial Ibán ToxeiroEste ano o XXIII Memorial Ibán Toxeiro será o vindeiro mércores 20 de novembro e terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20:30 horas, con entrada de balde. O Memorial Iban Toxeiro pretende lembrar a figura do tristemente desaparecido actor e socio Iban Toxeiro que tan fonda pegada deixou no Teatro Amador.

Este Ibán Toxeiro é o agarimo da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ao servizo da escena do noso país. Gozade desta aposta. Vinde a un espectáculo contemporáneo e eterno.

Nesta ocasión estará dedicado ao mundo da máscara, os títeres e o circo. Unha visión absolutamente contemporánea do mesmo.

N+1 voara polo escenario do Rosalía para facer unha crítica áa sociedade actal. Caramuxo Teatro representará un fragmento da sus peza Pavillon Lino, onde as máscaras serán as protagonistas, manexadas por actores da compañía. O Gran Don Pedro e o seu boneco Robertiño, achegaranos ao universo sempre misterioso da ventrilocuoloxia, mentres o grupo de títeres Tanxarina nos presentará un fragmento o seu espectáculo As laranxas mais laranxas de todas as laranxas da autoría de Carlos Casares, para por último presenciar a representación do Drama do Cabalo de axedrez de Rafael Dieste.

Tratase dunha gala dinámica e variada onde hai montaxes desde cinco a dez minutos, que será presentada pola actriz Sabela Hermida e cuxo premio anual, na presente edición, será toda unha sorpresa. Incluso para a persoa que o vai recibir.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies