10

Nov

XXIV Memorial Ibán Toxeiro

20.30 h

Memorial Ibán ToxeiroEste ano o XXIV Memorial Ibán Toxeiro será o mércores, día 10 de novembro e terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20.30 horas, con entrada de balde.

O Memorial Ibán Toxeiro, que é cada ano o centro e escaparate do noso traballo teatral, pretende lembrar a figura do tristemente desaparecido actor e socio Ibán Toxeiro. Este ano é moi especial para a AC Alexandre Bóveda por que será tamén o da lembranza de Lino Braxe, que faleceu en decembro do ano pasado, e foi director do Grupo de Teatro da AC Alexandre Bóveda e director artístico durante anos do Memorial Ibán Toxeiro.

A obra que este ano ides ver será o último texto escrito por Lino Braxe para o noso grupo de teatro creou durante a pandemia.

A directora artística do XXIV Memorial será a nosa actual directora do grupo de teatro, Manuela Varela.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies