27

Mai

Cineclub Bóveda: Zeitun Films presenta

19.30 h

TSHWEESH O luns 27 de maio, ás 19.30 h, teremos unha nova sesión do Cineclub Bóveda, co título Zeitun Films presenta.

No mes das Letras Galegas dedicamos esta sesión a coñecer unha produtora galega, Zeitun Films, e farémolo da man do seu responsábel, Felipe Lage. Teremos ocasión de ver dúas curtametraxes: Rompente, de Eloy Domínguez Serén e Tshweesh, de Feyrouz Serhal (coa presenza da directora).

No seu sitio web Zeitun Films defínese como “unha produtora cinematográfica galega cun marcado compromiso artístico e cultural e co desexo de impulsar un cinema comprometido co propio cinema”. Dende que se deu a coñecer en 2010 –e por todo o alto, co premio Fipresci para Todos vós sodes capitáns de Oliver Laxe na Quincena de Cineastas de Cannes– Zeitun Films desenvolveu varios dos filmes de maior éxito crítico da historia do cinema galego, con fitos como as participacións nos festivais de Cannes (tamén con Mimosas de Oliver Laxe), Locarno (Arraianos de Eloy Enciso, Costa da Morte de Lois Patiño, Tshweesh de Feyrouz Serhal), Rotterdam (O quinto evanxeo de Gaspar Hauser e A estrela errante de Alberto Gracia) e Berlín (Lúa Vermella de Lois Patiño e A guerra de Miguel de Eliane Raheb).

Se queres asistir a esta sesión, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies