Fallo do xurado do I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle

O Día 15 de xuño, no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, tivo lugar a reunión do xurado do I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle. O mesmo estivo composto por Xosé Manuel Rabón, director de escena tanto de ópera como de teatro, Sabela Hermida, actriz e autora de diferentes traballos sobre o oficio teatral e Lino Braxe, dramaturgo e director de escena quen actuou como secretario do xurado.

Falláronse un 1º Premio e dous accésits tal e como se indica nas bases.

O 1º Premio recaeu na obra Fashion Victims da que resultou gañador José Luís Baños de Cos.

O 1º Accésit foi para a peza Albatros en terra da autoría de Albert G. Aneiros.

E o 2º Accésit recaeu no texto No ventre da balea de Fernando Castro Paredes.

O texto gañador será posto en escena en formato de lectura dramatizada, mentres que as tres pezas serán publicadas no 1º Caderno de Teatro Jenaro Marinhas del Valle.

E para que consten asinan este documento

Sabela Hermida
Xosé Manuel Rabón
Lino Braxe

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies