O 5 de abril de 2017 a asociación foi o lugar de presentación do libro de Luis Bará, “Non des a esquecemento”.
“Quero falarvos dese pasado que reclama xustiza. Quero contar a dor mais tamén a coraxe e o heroísmo. Quero escribir a historia do terror e tamén a crónica da resistencia e da solidariedade. Quero falarvos das mulleres, porque o delas non pode quedar no esquecemento. Ten que quedar
escrito para a historia.”