
Imaxe de Galiza Foto
Se xa sempre falas galego, mais sabes que che cómpre mellorar o vocabulario, as construcións, ou que hai moitos castelanismos que tes que desbotar… aí vai o noso agasallo! O curso de galego Mellorando a lingua da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Logo de ver os catro planos que trata (ortográfico, fónico, morfosintáctico, semántico-lexical, pragmático-textual), o teu galego terá moita máis calidade.
Unha guía que non fala encol da* mellor fala, senón sobre a mellor fala, e que ao mellor* non che resultará tan difícil… ou talvez non che resultará tan difícil. E nestes días de chaparróns* (ou será de balloadas?) pode aportar* moitos coñecementos (mesmo achegar…) para falar o galego con máis propiedade de agora en adiante*, ou case mellor de aquí en diante.
Non digas que non sentes curiosidade… Pois aquí tes o documento para visionar ou para descargar, ao gusto de cadaquén.
Pantalla completaDescargar o documento completo
Os que non puidemos ir ao curso agradecemos infindo que partilledes estes exemplos prácticos.
Mil grazas por todo o voso traballo!