Memoria de actividades do 2023

Memoria 2023Na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB) traballamos desde o convencemento de que a cultura é unha ferramenta de transformación social ao tempo que serve como instrumento valioso para ampliar os coñecementos da cidadanía.

O 2023 foi un ano moi intenso para nós. No mes de xaneiro inauguramos novo local dentro dunha institución con máis de 175 anos de historia, o Circo de Artesáns. Aí estamos no 1º andar intentando ofrecer unha proposta de actividades moi ampla, diversa e atractiva.

Neste ano puxemos o foco do noso traballo no proxecto A CORUÑA LITERARIA, un proxecto de investigación-acción pensado para divulgar a historia da cidade ligada á literatura, ás escritoras, as rúas, as bibliotecas, no ano que no que recibimos a grande alegría de que á nosa veciña Luísa Villalta se lle vai dedicar as Letras Galegas 2024.

Comezamos o ano 2023 cunha nova web A Coruña literaria que ao logo do ano fomos enchendo de contidos. Estas novas achegas para a web, nomeadamente o MAPA LITERARIO, realizar entradas para cada unha das rúas da cidade que teñen nome de escritoras ou escritores, para as bibliotecas públicas, para placas, colexios que levan nome de escritor/a; realización de materiais impresos, encontros diversos para dar a coñecer o proxecto e converter a web en ferramenta e lugar para o acceso igualitario á cultura e para tecer comunidade e facer cidade.

Publicar materiais de divulgación de A Coruña Literaria; elaborar novos materiais para dar a coñecer as bibliotecas públicas; roteiros, encontros; homenaxes, lecturas públicas, visitas guiadas ás bibliotecas da cidade, presentación do proxecto en diferentes espazos, facultade de filoloxía, universidade sénior, SemanaC, semana das letras e das artes do Concello da Coruña.

E xunto a este proxecto novidoso, seguimos a ampliar contidos da web A Coruña das Mulleres.

Realizamos máis de 170 actividades ao longo do ano, mantemos dous clubes de lectura, de literatura universal e de lecturas feministas, temos grupo de teatro, grupo de fotografía, Ollo de vidro.

Tamén neste ano recibimos o premio Moncho Valcarce polo noso traballo na defensa dos dereitos políticos, sociais e culturais que nos corresponden como pobo.

Temos unha nova xunta directiva, incrementamos, de xeito moi importante, o número de persoas socias.

E aquí seguimos traballando arreo pola lingua e a cultura galega. E só desexar que o 2024 traia para todas aquelo que anhelades.

Fullscreen Mode

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies