Miguel González Garcés na Coruña – Paseos en agosto XVI

Escultura Miguel González Garcés

A escultura –preto do reitorado da Universidade da Coruña– homenaxea o poeta Miguel González Garcés, nado nesta cidade en 1916. Persoa polifacética, como poeta a crítica sitúao na Xeración de 1936:

As gaivotas revoan sobre álamos.

O noso amor é un andar pola praia.

Indecisos, teimosos, afondándonos.

Camiñamos.

Escultura Miguel González GarcésLicenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, González Garcés opositou ao Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. Destinado inicialmente en Madrid, pediu o traslado á Coruña onde dirixiu a Biblioteca Pública do Estado durante corenta anos.

Biblioteca Pública Miguel González Garcés

Na actualidade, está biblioteca da Coruña leva o seu nome, ao igual ca a rúa onde se atopa.

Placa da rúa Miguel González Garcés

Como diciamos, Miguel González Garcés foi unha persoa polifacética. Destaca o seu labor como antólogo, o seu traballo docente, as investigacións sobre A Coruña e os seus traballos periodísticos.

González Garcés faleceu na Coruña en 1989. Os seus restos descansan no cemiterio coruñés de Santo Amaro.

Tumba de Miguel González Garcés

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies