Con motivo das xornadas arredor de Luísa Villalta e as chaves do tempo, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritoras e Escritores en Língua Galega convocan esta mostra fotográfica colectiva arredor da súa figura e a súa obra dedicada á cidade. O mecanismo é o seguinte:

  • Cada día, entre o 18 e o 25 de novembro, publicaremos, nas contas de Twitter da AC Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritoras e Escritores en Língua Galega, un chío cuns versos da obra de Luísa Villalta sobre a cidade da Coruña, acompañados do cancelo #MostraLuisaVillalta.
  • En base ao que suxiran persoalmente estes versos, cada participante pode responder directamente a este chío engadindo unha fotografía, da súa propiedade, dalgún espazo da cidade da Coruña. Pode ser unha vista xeral, un recuncho, un detalle, un interior, un exterior… Non hai limitación ningunha, agás que sexa unha fotografía tomada pola propia persoa participante ou da súa propiedade.
  • As fotografías pasarán a formar parte dunha exposición que se poderá visualizar no acto do luns 27 no Monty, Encontro c@s amig@s, e na galería de fotos da web da AC Alexandre Bóveda. Cada foto estará identificada co nome da conta de Twitter de cada participante. As fotos participantes poderán tamén ser publicadas no Facebook da AC Alexandre Bóveda nos días que se celebra esta iniciativa ou formar parte dunha montaxe audiovisual arredor de Luísa Villalta que podería ser publicado na canle de Youtube da AC Alexandre Bóveda.
  • A participación nesta iniciativa implica que todos e todas as participantes declaran e se fan responsables de que as fotografías enviadas son da súa propiedade e que autorizan a súa publicación na devandita exposición, e no Facebook, Youtube e a galería de fotos da web da AC Alexandre Bóveda nos termos sinalados no punto anterior.

Mostra Twitter Luísa Villalta