Música en galego, na proa!

Entre os nosos sinais de identidade, a lingua e a música que pasou de xeración e xeración constitúen dúas das nosas tarxetas máis significadas diante do mundo. Galiza non sería a mesma sen a súa lingua e non o sería tampouco sen a súa historia musical.

Para alén da música con base tradicional que se está a facer nestes tempos e da cal teremos tempo de falarmos noutra entrada porque a súa calidade, evolución e extensión merecen unha entrada  específica nesta web, é certamente un pracer  atopar que na nosa lingua podemos sentir, vivir, emocionarnos e partillar bailes e copas escoitando rock, hip-hop, rap, rrap, jazz, punk, metal etc. en galego.

En 2019 conmemoráronse os 25 anos do nacemento do rock bravú, esa feliz “ anomalía” en palabras de Xurxo Souto, nun momento en que existía en Galiza un discurso instalado que afirmaba que o galego non servía para facer rock and roll. Mais a realidade era ben distinta e o bravú significou un xiro cara ao propio. O galego entrou plenamente en xéneros musicais até daquela fechados con varias chaves.

E aquí estamos na segunda nesta década do século XXI, cunha explosión de música en galego. Collo emprestadas as palabras de Xosé Manuel Sánchez Rei, para afirmar que as músicas, os músicos, as bandas etc. representan unha verdadeira auga de maio de frescura, innovación, profesionalidade e virtuosismo. Eles e elas xa derruban fronteiras de preconceptos e achéganse con éxito a moitos países do mundo onde son valorizados e recoñecidos. Farémolo nós e faremos que suban aos escenarios de xeito masivo?

High Paw

Son da Rúa

Rebelión do inframundo

Chicharrón

Broa

MJ Pérez

Arrthytimia

Berta Franklin

Mileth

A banda da loba

Dakidarría

Terbutalina

Xoana

Ruxe Ruxe

D’esmorga

Ezetaerre

DJ son 1c Feat Fátima Pego

Thomas Dylan &Baleas

Pauliña

Flow de Toxo

ITH

Ata que escampe

Su Garrido Pombo

Skandalo GZ

The Brosas

Sokram

De Vacas

Dios Ke te Crew

Zënzar

Nao

Ses

Machina

Labregos dos tempos dos Sputniks

Lydia Botana

Biribirlocke

Familia Camagno

Boyanka Kostova

Kaleikia

Tags:

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies