Música para Rosalía

Da importancia da obra poética de Rosalía de Castro dentro da nosa literatura e da nosa cultura –tamén da universal–, dan conta os numerosos estudos das súas obras e traducións dos seus versos a distintas linguas. Igualmente, as continuas homenaxes á súa figura nos versos doutros autores. Para valorar e recoñecer a súa figura non houbo que esperar moito. O mesmo ano da súa morte (1885), o outro grande poeta galego, Curros Enríquez, escribiu os coñecidos versos na súa honra:

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

Por citar só outro exemplo, un dos seis poemas galegos de Federico García Lorca está dedicado a Rosalía –”Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta”–:

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!

Unha poeta que tan ben soubo conectar coa súa terra e coas súas xentes nos seus versos, non podía pasar desapercibida igualmente para os músicos –tamén desde un primeiro momento–. Deste xeito, xa arredor de 1892 –poucos anos despois da morte de Rosalía–, o compositor lucense, Xoán Montes, musicaba os versos da Negra sombra de Rosalía. O tema de Xoán Montes é un dos máis interpretados e con máis versións da nosa música. A letra do poema de Rosalía quedou para sempre unida á música de Xoán Montes.

Non sabemos se os poemas de Rosalía de Castro serán os máis musicados do mundo, pero dende logo, si uns dos máis. A continuación, facemos un percorrido polos versos da nosa autora e a música a eles dedicada.

 1. Negra sombra.

Cando penso que te fuches,
Negra sombra que m’asombras,
Ô pe d’os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.

Pucho Boedo:

Astarot:

Amancio Prada:

Carlos Núñez-Luz Casal:

María do Ceo:

Sisters in the House

Orfeón Donostiarra:

Banda Filhamónica de Galiza Corais de Compostela:

Emilio Rúa:

Sofía Cortés:

Najla Shami:

Alfredo González Vilela:

2. Airiños airiños aires

Airiños da miña terra,
Airiños, airiños aires,
Airiños, leváime á ela.

Sin ela vivir non podo,
Non podo vivir contenta,
Qu’ á donde queira que vaya,
Cróbeme un-ha sombra espesa.

Pucho Boedo:

Astarot:

Sito Sedes- Paco Lodeiro- Rosa Cedrón:

Ana Kiro:

Vítor Manuel:

Tania Fuegho:

3. A xustiza pola man

Aquês que tên fama d’honrados n’a vila
Roubaronme tanta brancura qu’eu tiña,
Botáronme estrume n’as galas d’un dia,
A roupa de cote puñeronma en tiras.

Nao:

Poetarras:

SonDaRúa:

Amancio Prada:

Sangre de muérdago:

O Val das Mouras:

4. ¡Prá á Habana!

Venderonll’os bois,
Venderonll’as vacas,
O pote d’o caldo
Y á manta d’a cama.
Venderonll’ó carro
Y as leiras que tiña,
Deixarono soyo
C’o á roupa vestida.

Amancio Prada:

O Val das Mouras:

5. Campanas de Bastabales

Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soidades.

Amancio Prada:

Coral Casablanca:

Coral De Ruada:

6. Adiós ríos, adiós fontes

Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

Amancio Prada:

Astarot:

Lucía Pérez:

Joan Báez:

Alfredo González Vilela:

Sabela Ramil:

Fabián Fernández:

Luís Emilio Batallán-Pablo Milanés:

7. I a Nosa Señora detrás do tonel

Si a vernos, Marica, nantronte viñeras
á festa do Seixo na beira do mar,
ti riras, Marica, cal nunca te riches
debaixo dos pinos do verde pinar.

Leo e Arremcaghona:

Luís Emilio Batallán:

8. Has de cantar

As de cantar
Que ch’ ei de dar zonchos;
 As de cantar
Que ch’ ei de dar moitos.

 Uxía:

María Orán:

Cantares do Brión:

Cristina Pato:

CEIP de Caión:

CEIP Antonio Pedrosa Latas (de Celeiro):

Maianas:

Xardín Desordenado:

Rosalía Trío:

Joaquín Pixán-Alejandro Zabala:

9. Castellanos de Castilla

Castellanos de Castilla,
Tratade ben ós gallegos;
Cando van, van como rosas,
Cando vên, vên como negros.

M.J. Pérez:

Os Carunchos:

Gelria:

Aid:

Cristina Fernández:

10. Vamos bebendo

Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos,
andando o tempo.

Amancio Prada-Martirio:

O Val das Mouras:

Anxo Rei:

Nuria Ria. Orquestra Real Filharmonía de Galicia:

Mozos do Castro:

11. Quen non xime?

Luz e progreso en todas partes… pero
as dudas nos corazós,
e bágoas que un non sabe por qué corren,
en dores que un non sabe por qué son.
Outro cantar, din, cansados
deste estribilo, os que chegando van
nunha nova fornada, e que andan cegos
buscando o que inda non hai.

Amancio Prada:

12. Cando era tempo de inverno

Cando era tempo de inverno,
pensaba en dónde estarías;
cando era tempo de sol,
pensaba en dónde andarías.
¡Agora, tan sóio penso,
meu bem, si me olvidarías!

Amancio Prada-María Dolores Pradera:

Coro infantil xuvenil do Programa Guri Santa Marcelina:

Lobalú:

13. Algúns din: miña terra!

 Algúns din ¡miña terra!
din outros ¡meu cariño!
I este, ¡miñas lembranzas!
I aquel, ¡ou, meus amigos!
Todos sospiran, todos,
por algún ben perdido.

O Val das Mouras:

Amancio Prada:

Ángeles Ruibal:

14. Un repoludo gaiteiro

Un repoludo gaiteiro,
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
antre os mozos o pirmeiro
e nas siudades sin par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Amancio Prada:

Pixán-Zabala:

Rosalía Trío:

Cristina Fernández:

Juan Durán:

15. Como chove miudiño

 Cómo chove miudiño,
cómo miudiño chove;
cómo chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.

Amancio Prada:

Uxía:

Alfredo González Vilela:

aCadaCanto:

16. Corre o vento, o río pasa

 Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa.

Amancio Prada:

17. Que pasa ao redor de min?

 Qué pasa ó redor de min?
¿Qué me pasa que eu non sei?
Teño medo dunha cousa
que vive e que non se ve.

Amancio Prada:

18. Paseniño, paseniño

Paseniño, paseniño
vou pola tarde calada,
de Bastabales camiño.

Amancio Prada:

Uxía:

CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco):

 19. Tecín soia

Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.

Guadí Gallego:

Dolores Plata:

Roi Casal:

Alba Rodríguez:

Norfolk:

Pilocha:

20. Soia

Eran crárolos días,
risóñalas mañáns,
i era a tristeza súa
negra coma a orfandá.

Víctor Aneiros:

21. Alborada

Vaite noite vai fuxindo
Vente aurora vente abrindo
co teu rostro que sorrindo
a sombra espanta!!!

A Quenlla:

Uxía:

Lucía Pérez:

Carlos Núñez:

Abe Rábade-Guadi Galego-Anxo Angueira:

22. A Rosalía (de Curros Enríquez)

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

 A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…

 Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Luís Emilio Batallán:

Uxía:

Vivace:

SondeNós:

Coral Polifónica de Caldas de Reis:

Los Pequeños Cantores de Zacatecas:

Por toda a súa obra, polo seu pensamento, Rosalía ben merece mesmo estar no máis alto do ceo. Por esa razón durante estes días, e ata o 12 de novembro, está aberta a votación para conseguir que unha estrela, a HD 149143, leve o seu nome. Se queres participar nesta campaña #EstrelaRosalía, podes votar desde a páxina habilitada a tal fin pola Sociedade Española de Astronomía e a Unión Astronómica Internacional.

#EstrelaRosalía

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies