Obradoiro de pandeireta

Obradoiro de pandeiretaQueres aprender pandeireta con nós? Ven o en outubro a probar a xa logo decides. Vémonos os luns ás 18 h. Comezamos o día 22 de outubro.

Así nos conta Noa Seixo o que imos facer:

O Obradoiro de pandeireta farémolo como un achegamento á música e cultura tradicionais, traballando os ritmos propios da nosa música: maneo, xota, muiñeria, rumba … Deste xeito saberemos tamén o que é unha pandeirada, foliada, agarrado…

A pandeireta, como calquera outro instrumento, necesita dedicación e ganas, na medida que sexamos capaces de facer isto a progresión será máis rápida.

Agárdovos na actividade dispost@s a termos axiña o colectivo de Pandeireteiras de ACAB.

Podes inscribirte desde este formulario.

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies