19.00 h

Reflexións sobre a violencia sexual

O venres 1 de decembro, ás 19.00 h, Ana López-Suevos ofreceranos unha palestra baixo o título de Reflexións sobre a violencia sexual. Nela abordará, desde o punto de vista da xustiza, a Lei orgánica 10/2022 de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual. Reflexionará o redor de cuestións como a necesidade de modificación …

19.30 h

Presentación de “Hamlet”, tradución de Miguel Pérez Romero

O xoves 30 de novembro, ás 19.30 h, presentarase no noso local a tradución feita por Miguel Pérez Romero de Hamlet, de William Shakespeare, editado por Laiovento. A tráxica historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca, de William Shakespeare, é unha obra profunda, complexa e enigmática que transcende os límites da traxedia de vinganza. O seu …

19.30 h

Matemáticas de proximidade

O martes 28 de novembro, ás 19.30 h, teremos connosco a Elena Vázquez Cendón que nos ofrecerá, dentro do ciclo Pensando a Ciencia, unha palestra co título Matemáticas de proximidade. O obxectivo do relatorio é aproximar a Matemática Industrial ao auditorio partillando aplicacións desenvoltas en Galicia en temas del fluxo da auga e do gas. …

20.30 h

26 Memorial Ibán Toxeiro

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda celebra a Gala do 26 Memorial Ibán Toxeiro, a nosa festa anual das artes escénicas galegas afeccionadas e profesionais. E queremos convidarvos a celebralo con nos! Este ano leva por título “Quéroche un conto” xa que lla queremos dedicar á narración oral, tan fundamental na nosa cultura. A Gala, que …

19.30 h

Presentación de “O azul entre o ceo e a auga”

O xoves 23 de novembro, ás 19.30 h, acollemos a presentación de O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa, xa traducido a máis de 20 idiomas, e agora en galego grazas á tradución de Rocío Viéitez Ferro e a editorial Laiovento. Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies