O luns 13 de novembro, ás 19 h, teremos connosco a Carme Adán para falarnos da forza das mulleres: o feminismo como elemento central do cambio social. A idea neoliberal de que no existe alternativa, inoculada desde o consumismo e o individualismo, impide a creación de imaxinarios alternativos de vida e xustiza global. Non obstante, …
Na quinta-feira 16 de novembro, ás 19.30 h, acolheremos a apresentação da novela gráfica Zeca Afonso. Balada do desterro, de Teresa Moure, editado por Central Folque. Zeca Afonso é visto, décadas depois, por duas mulheres. A Teresa Moure, galega, escreve a história; a Maria João Worm, portuguesa, ilustra-a. Ambas sentem fascínio por aquele homem que …
A cidade das TIC como actividade intelectual e científica con dimensións sociais complexas está hoxe no centro dun debate cheo de tensións procedentes de correntes enfrontadas de pensamento respecto a utilidade dos espazos que alberga a antiga Fábrica de Armas. Hai que destacar, primeiramente, o hermetismo co que as diversas administracións públicas con competencias na …
O xoves 9 de novembro, ás 19.30 h, Martín Pawley ofrece no noso local a palestra A Coruña e o cinema, 3. Tempos difíciles. Na longa noite de pedra da ditadura o cinema foi un refuxio onde experimentar ilusións e emocións. Dende finais dos 40 e durante máis de vinte anos na Coruña conviven non …
O martes 7 de novembro, ás 19.30 h, inauguramos no Fórum Metropolitano unha exposición sobre a Granxa Agrícola de Monelos. Esta exposición está organizada en colaboración coa AV de Oza Gaiteira Os Castros. Entre 1888 e 1964 funcionou na Coruña a Granxa Agrícola Experimental, o primeiro centro dedicado á mellora das técnicas e produtos agrarios e gandeiros e …
O luns 6 de novembro, ás 19.00 h, e dentro do ciclo Pensando o Futuro, Elvira Souto ofrécenos a palestra Digo censura? Rohinyhas e delitos de ódio. Greta Thurnberg e livros de texto. Mar de Lumes e efeito contaminante. Bandeiras v. solidariedade. Hamas e censura a contrario sensu. Universitarios e machismo. Censura zero? Conceptos como …