12.00 h

Visita guiada á exposición “Non finito” de Tono Galán

O sábado 28 de outubro, ás 12 da mañá, faremos unha visita guiada á exposición Non finito de Tono Galán no Kiosco Alfonso. A exposición de Tono, Antonio Galán Fuentes, que se mostra no Kiosco Alfonso da Coruña, abarca a súa andaina dende os anos 90 do século pasado até a actualidade. A exposición percorre …

19.30 h

Presentación de “Contármonos”

O xoves 26 de outubro, ás 19.30 h, presentarase no noso local Contármonos. Contármonos é unha obra colectiva, asinada por 14 persoas que fomos acubillándonos entre nós en dous obradoiros de escrita que a AELG fixo en Santiago, nos outonos de 2021 e 2022. Recolle textos de distintos xéneros que, malia ao variados que son …

19.00 h

Facer visibles ás mulleres individual e colectivamente

O venres 27, ás 19 horas Carmen Galdón ofrecenos unha palestra co título Facer visibles ás mulleres individual e colectivamente. Carmen Galdón Corbella é fundadora e coordinadora do colectivo Cuarto Propio na Wikipedia e autora do libro Un feminismo de código aberto. Do movemento 15M ás folgas feministas do 8M. Nesta palestra falaranos destas dúas …

19.30 h

O Seminario de Estudos Galegos e a literatura

O mércores 25 de outubro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo 100 anos do Seminario de Estudos Galegos, Teresa López falaranos da literatura do SEG. Os tempos do Seminario de Estudos Galegos son tamén os de intensos debates sobre a renovación da literatura galega, en que algúns dos seus membros terán un papel destacado. …

19.30 h

Precisamos de medios de comunicación públicos?

O luns 23 de outubro, ás 19.30 h, continuamos co ciclo Pensando o Futuro, coa participación de Anxo Quintela, quen nos ofrecerá unha palestra baixo o título de Precisamos de medios de comunicación públicos? O vello ideal duns medios públicos de comunicación semella máis necesario ca nunca para facer fronte ás ameazas que pairan sobre …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies