19.30 h

A Coruña e o cinema. Os verdes anos

O xoves 7 de setembro, as 19.30 horas, e dentro do ciclo Outras historias de Cinema, teremos connosco a Martin Pawley que nos falará da Coruña e o cinema. Non é unha historia do cinema na Coruña, nin unha historia da Coruña no cinema; o que imos contar son (algunhas) historias da Coruña e o …

19.00 h

Aprender na Língua Própria: das Escolas de Ensino Galego à Semente

Na quarta-feira, 6 de setembro, às 19 horas, acolhemos a apresentação do documentário Aprender na Língua Própria: das Escolas de Ensino Galego à Semente seguido duma mesa redonda. Na mesa redonda participaram: Santiago Quiroga (Coordenador nacional das Escolas de Ensino Galego Semente). Irene Pim (Produtora Aqueladas). Antón Costa (Catedrático de História da Educaçom). Membro da …

20.00 h

Día da Galiza Mártir

O luns, 14 de agosto, ás 20 h, como todos os anos, conmemoramos o Día da Galiza Mártir, en Catro Camiños, diante da escultura a Alexandre Bóveda. A Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decidiu instituír, o 17 de agosto, coincidindo co aniversario do fusilamento de Bóveda, como o día da Galiza Mártir. Neste día, personificando …

18.30 h

Visita guiada á exposición “A Coruña no Tempo”

O xoves  27 de xullo, ás 18.30 h, faremos unha visita guiada á exposición A Coruña no Tempo que se atopa na sede Afundación, no Cantón Grande, 8, guiada polo seu comisario, Manuel Gago. A Coruña no Tempo forma parte do proxecto Cidades no Tempo. Esta exposición aborda a urbe desde diversas perspectivas e a través …

19.30 h

Picasso galego

O luns 17 de xullo, ás 19.30 h, o xornalista e investigador Rubén Ventureira falaranos do Picasso galego. Pablo Picasso viviu na nosa cidade entre 1891 e 1895. Pódese afirmar que aquí iniciou a súa formación académica e asumiu a súa condición de artista. El mesmo ten declarado que os anos na Coruña foran cruciais …

20.30 h

Silencio: festexamos

O meu nome é o da Cidade Alta nacido onde a luz e o mar se están orixinando mutuamente nacín enfrente de min mesma cando a Pescadería era un leito de sereas. Levabamos varios anos traballando para que a Real Academia Galega dedicara o DÍA DAS LETRAS GALEGAS a Luísa Villalta e hai uns días …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies