19.00 h

Presentación de “Alguén virá…”

O venres 7 de xullo, ás 19 horas presentaremos o libro Alguén virá… de Pablo García Martínez, editado por Laiovento. Alguén virá… é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX, Luís Seoane (1910-1979). O marco temporal para estas cavilacións son os frenéticos anos cincuenta: o período de maior produción …

19.30 h

A preservación do cinema

O xoves 6 de xullo, as 19.30 horas, e dentro do ciclo Outras historias de Cinema, teremos connosco a Martin Pawley que nos falará da preservación do cinema. A inmensa maioría das longametraxes feitas na época do cinema mudo e unha parte notábel dos filmes sonoros dos anos 30 e 40 perdéronse para sempre: son …

12.30 h

“Elas”, lecturas feministas

O clube de lecturas feministas convídate a participar da lectura pública de textos feministas que imos realizar o domingo 9 de xullo ás 12.30 h na rúa de Santo André, á altura do número 36 (Circo de Artesáns). Se queres ler tes que anotarte, e se xa tes escollido texto dínolo a través do formulario …

19.00 h

II Festa Amergin da Poesía Atlántica: palestra e mesa redonda

As actividades que organizamos a AC Alexandre Bóveda, In Nave Civitas e Xuntas polas Artes, coa colaboración do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses Amergin da UDC, a II FESTA AMERGIN DA POESIA ATLÁNTICA comezan o venres día 30 de xuño no noso local. Ás 19.00 h comezaremos coa palestra a cargo de Mónica Vázquez Pozo …

19.30 h

Roteiro da Festa Amergin da Poesía Atlántica

O sábado 1 de xullo, de 19.30 h a 21.00 h, faremos un roteiro pola contorna da Torre de Hércules, guiado polo escritor e naturalista Antonio Sandoval, coa participación de Ana Santorum, directora da Torre de Hércules, e o historiador Xosé Alfeirán. Consistirá nun paseo-conversa arredor da Torre, falando da biodiversidade que a rodea, a …

21.00 h

II Festa Amergin da Poesía Atlántica

O sábado 1 de xullo a AC Alexandre Bóveda, In Nave Civitas e Xuntas polas Artes, coa colaboración do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses Amergin da UDC, organizan a grande FESTA AMERGIN DA POESIA ATLÁNTICA para establecer lazos de unión da literatura galega e a literatura irlandesa.  O poema fundacional da literatura irlandesa, Manifesto, ou canción, de Amergin (Song …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies