O mércores 21 de xuño, ás 19.30 h, falaremos da Revista Atlántida, Lugrís e Tudela, con Olivia Rodríguez. Esta revista colectiva e interartística, galega e universal, recolle o clima ambiguo, pero de fonda resistencia, dunha época escura. Urbano Lugrís dirixe o contido artístico e Mariano Tudela, o literario. Falarase de por que, como e en …
O martes 20 de xuño, ás 19.30 horas, e nos xardíns de Méndez Núñez, fronte a estatua de Curros Enríquez, presentaremos O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro. Esta obra é o primeiro anexo que publica a revista de estudos rosalianos Follas Novas, da Fundación Rosalía de …
O xoves 22 de xuño, ás 19.30 h, e dentro do ciclo Aula Aberta que facemos en colaboración coa UDC, Serxio Couso ofreceranos unha palestra baixo o título O Maroutallo: desexo, mímese e disforia nunha obra de Otero Pedrayo. Na palestra realizarase unha lectura en chave de xénero da última obra narrativa publicada en vida …
O luns 26 de xuño, ás 20.30 h, inauguraremos no noso local a exposición de Xosé Cobas Arredor do pintor cego. Arredor do Pintor cego é o título que dá nome á mostra das ilustracións de Xosé Cobas realizadas para o álbum O pintor cego de Xabier P. Docampo. Un álbum que o autor non …
O luns 26 de xuño, ás 19 h xuntarémonos no noso local para falar de Xabier P. Docampo canda nós, con María Canosa, Chus Fernández, Xavier Penín e Martin Pawley. Unidas polas palabras, agunhas das amizades de Xabier Puente DoCampo lembrarán as súas creacións e poñerán de relevo a rica personalidade dun home de pensamento …
O 15 de xuño cúmprense 40 anos da aprobación por unanimidade da Lei de Normalización Lingüística de Galiza, unha lei destruída polo Tribunal Constitucional e aplicada de forma moi deficiente pola maioría dos gobernos da Xunta. O venres 16 de xuño a Fundación Galiza Sempre en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística organiza un acto para …