19.30 h

Mamá, quero ser activista

Este venres, 21 de febreiro, ás 19.30 horas, Inma García Fuentes, educadora social, imparte o obradoiro Mamá, quero ser activista, dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns que coordina Cristina Bajo e que facemos en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres. Neste obradoiro comezaremos debatendo sobre o concepto de activismo e as diferentes formas de …

19.30 h

Visita guiada á exposición “Nós de onte a hoxe”

O mércores 19 de febreiro, ás 19.30 h, realizaremos unha visita guiada á exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, por Pilar García Negro. Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia é unha exposición realizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, da que ACAB fai parte. Conmemoramos así o …

19.30 h

Exposición “A paisaxe dos valados”

O xoves 13 de febreiro, ás 19.30, inauguramos no noso local a exposición A paisaxe dos valados, de Maribel Valdivieso. Os nosos marcos, as molduras que enmarcan a terra que é para quen a traballa. Cando o valado formou parte da nosa paisaxe no espazo e no territorio, e así debera seguir sendo. Non entendería …

19.00 h

Presentación de “Partituras” de Mercedes Queixas e Xoán Carlos Domínguez

O venres 7 de febreiro, ás 19 h, presentamos o poemario Partituras de Mercedes Queixas Zas e Xoán Carlos Domínguez Alberte con ilustracións de Baldo Ramos. O acto será presentado por Manolo Rivas. Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado na literatura galega. A creación a dúas voces, entre senllos poetas, consciente e decidida dende …

20.30 h

Presentación de “Nas cortinas do tempo”

O luns 10 de febreiro, ás 20.30 horas, presentamos no noso local o libro Nas cortinas do tempo, de Xosé Antonio Andrade Figueiras, de edicións Embora. Moitos e variados enfoques para unha chea de traxectos reflexivos. Todos eles feitos dende a humildade ética e humanista, pola que o autor transita de xeito natural, con honestidade, …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies