19.00 h

Proxección do documental “O Valo do Porto”

O venres 19 de maio, ás 19.00 h proxectaremos o documental O Valo de Porto. Desde o Ateneo Fernán Martís de Pontedeume promóvese converter un valo da vergoña nun valo de honra aos represaliados polo franquismo, que ergueron este muro en réxime de traballo escravo. O filme documentario, O Valo do Porto, conta en 20 …

19.30 h

Proxección de “Northern Nights, Starry Nights”

O martes 16 de maio é o Día Internacional da Luz. Para  reflexionar sobre o grave problema da contaminación luminosa presentamos ese día, ás 19.30 h, subtitulado en galego, o documental Northern Nights, Starry Nights, impulsado polo fotógrafo nativo americano (membro da nación Anishinaabe) Travis Novitsky. Ademais de expoñer os diferentes impactos da contaminación luminosa, …

21.00 h

Grupo de teatro de ACAB: “Eu queríame casare”

O noso grupo de teatro da AC Alexandre Bóveda representa, o sábado 20 de maio, ás 21 horas, no salón de actos do IES Rosalía Mera, o espectáculo Eu queríame casare. Eu queríame casare é unha comedia de teatro escrita por José Luís Prieto. O protagonismo recae en Lola e Antón, seres “especias” que se …

19.30 h

Arquitectura ao servizo da sociedade

O luns, 15 de maio, ás 19:30 horas, estará connosco Teresa Táboas, quen dará comezo ao ciclo de palestras Pensando o futuro, cunha palestra co título Arquitectura ao servizo da sociedade. O cambio climático acelerado, no que a fraxilidade do planeta é cada vez máis evidente. As desigualdades económicas persistentes por un problema crónico non …

19.30 h

A Coruña que vén

O Foro Cívico da Coruña, grupo de opinión e organización de debates fundado en 1992, vén de integrarse na AC Alexandre Bóveda. Entre as súas actividades máis coñecidas está a organización de debates políticos. Ante a proximidade das eleccións municipais, programa para este mes de maio unha serie de encontros, seguidos dun coloquio, con representantes …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies