19.30 h

Presentación de “Nomes propios”

O xoves 27 de abril, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro de relatos breves Nomes propios, escrito por Celestino Pérez Recarey e editado por Toxosoutos. Nel recóllense historias onde o protagonismo recae nas mulleres, nos homes e nos lugares onde de desenvolven estas historias. Nalgúns deles nárranse momentos relacionados co amor nas súas …

19.30 h

Conversas arredor do galego

A Mesa pola Normalización Lingüística está a realizar «Conversas arredor do galego» por todo o país, para a divulgación do traballo que están a realizar como asociación, así como crear un punto de encontro para o debate con todas aquelas persoas que simpatizan coa defensa dos nosos dereitos lingüísticos. O luns, día 24 de abril …

19.30 h

Presentación de “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”

O mércores 26 de abril, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro Rostros da memoria. Ferrol 1972, de Xurxo Lobato, editado pola AC Fuco Buxán. Este proxecto libro  “ROSTROS DA MEMORIA FERROL 1972” é unha homenaxe as persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras en Ferrol e comarca, do ano 1972, …

19.30 h

Presentación de “Relatan…Nós”

O próximo día 21 de abril, sexta feira, ás 19.30 h, presentamos o libro Relatan … Nós. O libro recolle os relatos publicados en Nós Diario durante o mes de xuño de 2022. En decembro do mesmo ano, dentro dos actos de conmemoración dos 10 anos de Sermos Galiza, eses relatos, sen as ilustracións que …

18.30 h

Encontro Aberto

O vindeiro martes 18 de abril, ás 18,30 h, realizamos un novo encontro aberto, neste caso para falar polo miúdo dos dous proxectos nos que levamos tempo traballando: A Coruña das mulleres A Coruña literaria Son dous proxectos, en permanente construción, que estamos levando a cabo de xeito colaborativo e que están servindo para que …

09.30 h

Viaxe ao románico do cerne de Galiza

O sábado 15 de abril visitaremos o románico do interior de Galiza guiados por Carmela Galego. Sairemos da Coruña ás 9.30 h e viaxaremos a San Antolín de Toques e Xulián de Ventosa pola mañá. Xantaremos en A Reloxería en Palas de Rei. Pola tarde estaremos en Vilar de Donas e o castelo de Narla. A chegada A …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies