20.30 h

Presentación de “Nas cortinas do tempo”

O luns 10 de febreiro, ás 20.30 horas, presentamos no noso local o libro Nas cortinas do tempo, de Xosé Antonio Andrade Figueiras, de edicións Embora. Moitos e variados enfoques para unha chea de traxectos reflexivos. Todos eles feitos dende a humildade ética e humanista, pola que o autor transita de xeito natural, con honestidade, …

19.30 h

Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia

O mércores 29 de xaneiro, ás 19.30, inaugúrase na sala de exposicións de Durán Loriga a exposición, realizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia. Trátase dunha exposición que conmemora os 100 anos de historia da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 …

20.00 h

Segundo Encontro de PRIMEIRA_Encontros coa videodanza

PRIMEIRA. Encontros coa Videodanza, nacen coa vocación de abrir unha xanela cara o xénero da videodanza onde focalizar ás persoas creadoras e os distintos traballos que se fan en Galicia, e crear pontes de intercambio entre creadores difundindo o xénero ao público xeral. Están organizados por Resis Festival e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e …

19.30 h

Exclusión Residencial: outra forma de violencia

Este venres día 24 ás 19.30 horas comezamos o ciclo Mulleres e realidades comúns con Rocío Gómez, activista de Stop Desahucios da Coruña, que nos falará sobre Exclusiòn Residencial: Outra forma de violencia. Que é a exclusión residencial? Como impacta nas nosas vidas e nos nosos corpos? Estase a utilizar a vivenda como arma de …

20.00 h

Liberdade para o galego? Presente e futuro da lingua

A Mesa pola Normalización Lingüística e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organizan un acto público na Coruña, o mércores 22, ás 8 da tarde,  para debater sobre o presente e o futuro da lingua galega. No acto detallaranse os datos recentes do Instituto Galego de Estatística nos que se constata a dificultade que existe en …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies