O xoves 30 de xaneiro, ás 20 horas, e dentro do ciclo de proxeccións internacionalistas na Coruña, que desenvolvemos en colaboración con Mar de Lumes, percorremos a historia do conflito saharaui desde que era colonia española até a actual situación de ocupación marroquí, o exilio e os campamentos de refuxiados. Proxectaremos o documental “Non pasa …
O xoves 16 de xaneiro, ás 20 horas, presentamos no noso local a exposición fotográfica Arte Natural Efémera de Suso Lista. Trátase dunha serie de fotografías da praia do Osmo de Corme (Costa da Morte) onde as súas particulares areas de titanio nos mostran unhas formas universais que desaparecen con cada marea ao tempo que …
O sábado 18 de xaneiro, ás 18 h, teremos un encontro con Sabino Cuadra. Sabino Cuadra Lasarte é un dos impulsores da plataforma estatal para xulgar a Martín Villa. Avogado, sindicalista e político. Nos setenta e oitenta militou en organizacións políticas de esquerdas e abertzales en Bizkaia e Navarra ( LKI, Zutik! e Batzarre), así …
O mércores 15 de xaneiro, ás 20 horas, Narciso de Gabriel presenta o seu libro “Xosé María Álvarez Blázquez”, publicado por Galaxia, Estará acompañado por Celso Álvarez Cáccamo, fillo de Xosé María Álvarez. O libro consta de catro capítulos, no primeiro dos cales se describen os anos de formación de Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), …
Xoán Piñón presenta no Kiosko Alfonso, ata mediados de xaneiro, unha exposición fotográfica resultado do seu traballo desde 1977 ata 2012. Alterados, A horta de Carnati, O Courel, Iluminados, Inmateriais, Espirais (dedicada ao mundo feminino), Cámara Barroca, Diversas, e Galicia terra nai son as nove series en que se organiza esta exposición, que reúne 137 …
O xoves 19 de decembro, ás 20 h, temos a palestra Seoane o artista total con Lino Braxe. O artista total contado por outro artista que escribiu seis libros sobre Luis Seoane. Lino Braxe, grande estudoso é experto en Luis Seoane, é autor entre outros ensaios de: Galicia Emigrante. Escolma de textos radiofónicos de Luís Seoane, 1989, Edicións do Castro. Con Xavier …