19.30 h

Apelidos de Galiza, Portugal e Brasil

Na sexta feira, día 3 de marzo ás 19.30 h Diego Bernal ofrécenos unha palestra sobre os apelidos de Galiza, Portugal e Brasil. Bernal convídanos a un acto dinámico, no que o público será protagonista e no que debullará o significado dos apelidos das persoas que asistan á palestra e exporá curiosidades da súa etimoloxía. …

19.00 h

Visita guiada á exposición “MMXXIII Cabanas”

O Concello da Coruña organiza unha exposición de homenaxe, no décimo aniversario do seu pasamento, a figura do pintor coruñés Xaime Cabanas, referencia da vangarda cultural galega. O corpus de obra está formado por cesións de obra pictórica de gran formato procedente das máis importantes coleccións privadas e públicas e principalmente do legado familiar. Son …

19.30 h

Presentación de “Personaxes da Galiza Medieval”

O venres, 24 de febreiro ás 19.30 h, a AC O Galo presenta no noso local da rúa Santo André, a monografía Personaxes da Galiza Medieval. É innegábel que, no referido a Galiza, cada vez máis persoas inquiren sobre acontecementos que ocorreron aquí ou sobre realizacións que se fixeron aquí durante a Idade Media; que …

19.30 h

Dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. O COF.

O luns 27 de febreiro, ás 19.30 h, Chus Díaz Anca, psicóloga clínica do Centro de Planificación Familiar, ofreceranos unha palestra baixo o título de Dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. O Centro de Orientación Familiar, un recurso imprescindible. Falaremos dun dos centros de Planificación Familiar da cidade, que é un dispositivo público especializado na …

17.00 h

Lectura colectiva da obra de Rosalía

A Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB), teñen o pracer de convidar a todas as persoas da Coruña a festexar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, coa lectura pública da súa obra. O acto celebrarase diante do Teatro Rosalía de Castro ás 17 h. Non …

19.30 h

Presentación de “Poetas na Cociña III”

O mércores 22 de febreiro ás 19.30 h preséntase no noso local o libro Poetas na Cociña III. Poetas na Cociña nace, cando a pandemia, coa idea solidaria de axudar a recadar diñeiro para a Cociña Económica da Coruña. Poetas que queren comprometerse ao ver medrar a cantidade de xente que se achegaba todos os …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies