19.00 h

Exposición fotográfica “Airiños, aires. Rosalía” de Xurxo Lobato

O venres 22 de novembro, ás 19 h, inauguramos no noso local a exposición fotográfica Airiños, aires. Rosalía, de Xurxo Lobato. Durante un mes gozaremos desta escolma de Xurxo Lobato sobre os espazos vitais e a obra da escritora Rosalía de Castro. Esta exposición, que xa viaxou por moitos lugares de Galiza, reivindica a Rosalía …

20.00 h

Encontros coa Videodanza

Encontros coa Videodanza nacen coa vocación de abrir unha xanela cara o xénero da videodanza onde focalizar ás persoas creadoras e os distintos traballos que se fan en Galicia, e crear pontes de intercambio entre creadores difundindo o xénero ao público xeral. Neste primeiro Encontro, o día 4 de decembro (mércores) ás 20:00 h na sede …

20.00 h

Masculinidades disidentes

O xoves 21 de novembro, ás 20 h, Jorge García Marín, profesor de socioloxía e do Máster de Xénero da USC, ofreceranos unha palestra baixo o título Masculinidades disidentes, dentro do ciclo Para estar no mapa do mundo. Reflexionaremos sobre a construción de novas identidades masculinas baseadas en modelos fluídos, e que non poden exercer o machismo …

11.00 h

Pílulas de (T)alento

O sábado, 30 de novembro, desde as 11 ás 13.30 h (máis ou menos), no noso local, presentámosvos a I edición de PÍLULAS DE (T)ALENTO. E preguntaredes que é iso? Pois xa sabedes, cando hai dúbidas o mellor é botar man do dicionario: Pílula.- substantivo feminino. En farmacoloxía, forma farmacéutica sólida, redonda de administración oral, pouco usada …

19.00 h

O estado das prisións en Galiza

O venres 15 de novembro, ás 19 h, a AC Alexandre Bóveda e  Esculca organizan a palestra O estado das prisións en Galiza con Yolanda Ferreiro, membro de Esculca (Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades) e Jorge del Cura, durante anos membro da CPDT, Coordinadora para a Prevención e Defensa contra a Tortura. Situación de malos tratos e …

20.00 h

Feminismo e dereitos democráticos

O xoves, día 14 de novembro, ás 20 h, teremos unha nova palestra do ciclo “Para estar no mapa do mundo”. Nesta ocasión, Goretti Sanmartín, activista feminista e profesora, falará sobre Feminismo e dereitos democráticos. Que poden facer as institucións para garantir os dereitos das mulleres? Existe unha democracia sen feminismo? Que ámbitos precisan máis impulsos para …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies