O luns, 30 de maio, ás 19.30 h, Juan Alberto Turnes, economista e profesor da USC, vainos falar sobre Máis alá das balanzas fiscais: unha revisión da política redistributiva do Estado, dentro do ciclo Pensando o Futuro. A ponencia ten por obxectivo poñer de manifesto cales son os fluxos fiscais entre Galicia e o Estado e …
O luns, 6 de xuño, ás 19.30 h, Manuel Gago, xornalista cultural, falaranos sobre a construción da memoria posible: dez obras e espazos para un novo imaxinario galego, dentro do ciclo Pensando o Futuro. A partir do século XIX, en Europa sucedéronse importantes procesos de construción das identidades nacionais a partir da cultura, que se …
O luns, 20 de xuño, ás 19.30 h, Mario Pansera, investigador Distinguido GAIN, vainos falar sobre prosperar sen crecemento, dentro co ciclo Pensando o futuro. As grandes relixións así como as ideoloxías totalizadoras xa non guían as sociedades contemporáneas. Hoxe o elemento central dos nosos esforzos é a relixión do crecemento infinito, unha relixión predicada …
O 23 de maio, segunda feira, ás 19.30 h, teremos a segunda das palestras do ciclo Pensando o Futuro. Teresa Moure, escritora e profesora da USC falara-nos sobre feminizar o conhecimento como ferramenta para construir o futuro: o caso da linguística. As políticas de género nas instituições procuram orientar as raparigas aos estudos científicos e …
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e o grupo Valdeorras Infinda celebraremos as Letras Galegas coa lectura pública da obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este 2022. Será o domingo, 15 de maio, ás 12 h, diante do Teatro Rosalía de Castro. Estades todas convidadas a …
O luns 9 de maio, ás 19.30 h, teremos a primeira das palestras do ciclo Pensando o Futuro. Elena Ferro falaranos da dignificación dun oficio. Ela pertence á terceira xeración dunha familia especializada na elaboración de zocos de madeira que data do ano 1915. Elena coa súa marca Eferro logrou transformar a mentalidade respecto a …