19.30 h

Rosalía nas pantallas

O luns 13 de febreiro, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos da presenza de Rosalía de Castro no cinema e a televisión do século XX. Como acontece con moitas outras figuras capitais da creación, a ciencia e o pensamento, a presenza de Rosalía de Castro no cinema e na televisión non foi tan grande como …

19.30 h

Presentación de Clara Corbelhe

O ano 2021 nacía o Espaço Clara Corbelhe, que daría de si un portal dixital e unha revista co mesmo nome. A entidade nace coa intención de producir e divulgar contidos críticos e analíticos de temas de actualidade relacionados co país, a súa identidade e os conflitos políticos que nel abrollan. Así mesmo, en setembro …

19.30 h

Actores e actrices afroamericanos no cinema de Hollywood dos 50 e 60

O xoves 2 de febreiro, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos dos actores e actrices afroamericanos no cinema de Hollywood dos anos 50 e 60. Fronte ao rol subalterno que os actores e actrices de pel negra ocuparon durante décadas no cinema estadounidense, con honrosas excepcións, a partir dos anos 50 fíxose un oco unha nova xeración de intérpretes que, en paralelo á loita polos dereitos civís, conseguiu dar vida outro tipo de personaxes e a través deles expoñer o racismo estrutural da sociedade. Algúns deses actores acadaron prestixio e sona, como é o caso de Sidney Poitier ou Harry Belafonte, mais moitas outras persoas non chegaron a ocupar na historia do cinema o espazo que merecían. Nesta sesión revisaremos algúns dos fitos principais dun período efervescente. Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor. Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste …

19.30 h

Presentación do documental “Santoalla”

O mércores 8 de febreiro, ás 19.30 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Santo André, n°36, 1°) proxectaremos –en colaboración con Valdeorras Infinda– o documental Santoalla. Dirixido polos estadounidenses Andrew Becker e Daniel Mehrer –e producido pola valdeorresa Cristina de la Torre–, o filme xira arredor da desaparición e asasinato do neerlandés Martin Verfondern …

12.00 h

Roteiro: As luces dos libros. De faro a faro

O sábado 11 de febreiro faremos un roteiro pola cidade para coñecer #ACoruñaLiteraria. As luces dos libros. De faro a faro é o nome deste roteiro que será guiado por Carmela Galego, historiadora da arte. Este será o itinerario: Praza do Pintor Sotomayor. Comezaremos o noso percorrido ás 12 h diante da Biblioteca da Casa …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies