19.30 h

Das praias de Francia ao exilio mexicano

O venres 9 de decembro, ás 19.30 h, na sede do AC Alexandre Bóveda –organizada con Valdeorras Infinda– teremos a palestra, Das praias de Francia ao exilio mexicano, que impartirá Telmo Fernandes Gonçalves. Nado no Barco de Valdeorras, Telmo é graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Vén de realizar tamén un …

12.00 h

Roteiro “A Coruña, cidade da literatura”

Retomamos o noso bo costume de #PasearParaAprender. E por iso, o sábado, día 26 de novembro, imos pasear pola Coruña literaria, cidade narrada, cidade poetizada, contada e cantada…Comezaremos ás 12 h no Teatro Rosalía: Teatro Rosalía de Castro. Primeiro xogos florais de Galicia (1861) con Pilar García Negro. Biblioteca Provincial. Biblia de Kennicott con Susana …

17.00 h

Bruno Carvalho: un xornalista no Donbass

O próximo martes 29 de novembro ás 17 horas, Mar de Lumes e a Fundación Galiza Sempre organizan un encontro co xornalista portugués Bruno Carvalho. Bruno estivo cubrindo o conflito durante seis meses desde o Donbass, traballando como corresponsal para diversos medios, entre eles, Nós Diario. O encontro enmárcase dentro do ciclo de conferencias Diálogos …

19.30 h

Luz Pozo Garza: fusión de poesía e vida

“Ás veces algo acaba pero algo sobrevive. e todo se fai luz. Faise talvez diamante.” Destaca en Luz Pozo Garza a capacidade artística de converter a experiencia vital en poesía. Pódese así reconstruír, na lectura dos seus textos, momentos biográficos que deveñen símbolos diante do misterio da vida. A poeta deixou escrito que quería contribuír …

19.30 h

A nova xeira do nacionalismo español

O xoves 24 de novembro, ás 19.30 h, teremos un encontro con Pablo Batalla Cueto (Xixón 1987), licenciado en historia pola Universidade de Salamanca, escritor e colaborador en distintos medios de comunicación dixital. Na súa última obra, Los nuevos odres del nacionalismo español, Batalla reflexiona e describe as novas formas e articulacións en que o …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies