19.00 h

Proxección de “A Illa de Chelo”

O luns 31 de outubro ás 19 h, o colectivo Valdeorras Infinda, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e a AC Alexandre Bóveda presentan nas salas de cinema do Fórum Metropolitano o documental A Illa de Chelo. A Illa de Chelo é un documental de Odette Martínez sobre a guerrilla antifranquista …

20.30 h

XXV Memorial Ibán Toxeiro

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza o xoves, 3 de novembro, ás 20.30 horas, o XXV Memorial Ibán Toxeiro. O acto terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, con entrada de balde. Como cada ano, o Memorial Ibán Toxeiro quere celebrar o teatro galego, profesional e afeizoado, á vez que lembramos a figura …

19.30 h

Presentación de “Cosmo(a)gonía”

O mércores 26 de outubro, ás 19.30 h, presentamos no noso local Cosmo(a)gonía, de Jorge Rodríguez Durán. A vida é contemplar un xerro de cerámica chinesa, mentres valora mos a posibilidade de que unha corrente de aire poida guindalo da súa estreita peana. Na experiencia da observación temos dúasalternativas: concentrarnos e perder os ollos nas …

19.30 h

O futuro. Un mundo feliz?

O luns 24 de outubro, ás 19.30,  e dentro do ciclo Pensando o Futuro, Antonio Brea ofrécenos unha palestra co título O futuro. Un mundo feliz? Que podemos agardar do futuro inmediato ante a irrupción da chamada cuarta revolución industrial? Estamos ante o principio do fin da historia que predicaba Fukuyama? É inevitable o establecemento dalgún …

19.30 h

Moncho Valcarce, 30 anos na nosa memoria

O ano que vén celebramos o 30 cabodano de Moncho Valcarce. Van ser varios os actos cos que lembremos a súa figura. E o 27 de outubro, a partir das 19.30, teremos o pracer de presentarvos, na sede da nosa asociación, un deses actos coa nova imaxe da páxina web da Irmandade, máis dinámica, interactiva …

19.30 h

Representación de “Mi querida Vitola”

O luns 21 de novembro, día no que se fan cen anos do nacemento de María Casares, ás 19.30 h, o noso local, na rúa Olmos, 16-1º, será o escenario da representación da montaxe teatral Mi querida Vitola, arredor da figura de María Casares, a cargo do Club de Teatro da biblioteca municipal Sagrada Familia. …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies